31.3.15

ÁRBORES, VIDA E MOURE (ACTUALIZADO)

O xoves 19 de marzo, celebramos no cole unha multiplantación: Día da Árbore, Día da Auga e ....chegada da Primavera, Día da Felicidade!

Pois sí, no cole plantamos cinco árbores novas, cinco novas vidas!
 CARABULLO, LEÓN , MARTIÑO, CEVIÑO, LANDRO....
Desta múltiple plantación damos conta no Galdonatura! O blogue creado para describir o Proxecto Voz Natura adicado a Galdo, á posta en marcha dun horto no novo invernadoiro.

Visita o blog para enterarte de todas as novas de Galdonatura , do Invernadoiro e do Horto ecolóxico!



O Día da árbore é dabondo importante.... veu a dicírnolo o propio ANXO MOURE!



O Concello de Viveiro fixo posible que o propio Anxo Moure chegase ao noso cole  para falarnos....das árbores, da súa importancia e da necesidade de coidarlas, mimalas e protexelas!


22.3.15

LER NA CASA É FUNDAMENTAL

As actividades temperás de lectura no fogar melloran a formación da competencia lectora dos nenos e nenas. Isto repercute nun mellor rendimento académico e desenvolvemento da linguaxe.

Leer cos pequenos e pequenas desde Infantil axuda a adquirir o hábito, ademáis de sevir de estimulación da linguaxe. O ambiente familiar é determinante nas idades de Infantil e no 1º ciclo de Primaria, fundamentalmente.

Coa escola non é suficiente. O hábito da lectura é un esforzo de todos, pero o grupo de referencia é a propia familia. Dentro da propia familia é como se forxarán os hábitos.

É importante transmitir aos pequenos e pequenas o gusto pola lectura.
Pero...como facelo? Como pode axudar a familia na lectura?


Leer.es é un espazo adicado ás familias con consellos para fomentar  a lectura no fogar. Posto que as actividades de lectura que fagamos  no ámbito familiar doméstico teñen un efecto permanente.
Ler na casa é fundamental!
É importante que os pais apoien e motiven aos fillos e fillas como un xeito  de influencia positiva no seu rendemento educativo.
Ler tamén  antes da Primaria.

16.3.15

O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO

 Actividade da Microrrede de Bibliotecas Escolares dos centros públicos da nosa comarca, concellos de Cervo, Xove e Viveiro. Nun esforzo conxunto polo Fomento da Lectura e a coordinación de Bibliotecas.



Logotipo da Microrrede da Mariña. Creado por María Rolle


 O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO

EN QUE CONSISTE?
Lectura e traballo compartido, nas casas, coa axuda das familias.
Busca dun refrán popular , a ser posible da zona, para escribilo de xeito moi clariño nunha cartolina DIN3 (tamaño doble folio), da cor que se queira.
Representalo de forma plástica/artística. Pódese utilizar todo o que se queira: debuxo, collage, recortes e composición, fotos,...

NA CASA.Por familias ,onde o neno ou nena sexa protagonista da actividade.

COMO? Con moito cariño e como máis nos guste! Imaxinación e Creatividade.


Ao igual que en cursos anteriores vaise facer unha exposición dos traballos na entrada do colexio e posteriormente unha exposición conxunta cos outros centros da Microrrede de Bibliotecas Escolares no Concello de Viveiro.


Durante a semana de Exposición no Concello, haberá actividades varias de fomento da lectura, organizadas e realizadas polos centros participantes.


Case  a totalidade das nosas familias coñece este tipo de actividades: Andoriñas, contos con novos finais e Refraneiro, desta volta.
Grazas pola vosa colaboración! Grazas polos vosos traballos conxuntos, desde a familia! Sempre foron traballos boísimos!

Animádevos a participar. Compartide momentos, lede, facede xuntos e vide cos vosos  pequenos  á Exposición. Disfrutade do Refraneiro e das actividades organizadas por esta Microrrede de bibliotecas.


ALGÚNS CONSELLOS PARA FACER OS VOSOS TRABALLOS MÁIS LEXIBLES E LUCIDOS.
Queredes sabelos? Pois... picade para  Ler máis  e enriquecede os vosos traballos.