24.2.14

24 DE FEBREIRO. POESÍA DE ROSALÍA E CONTACONTOS KALANDRAKA

Este luns 24 de febreiro, temos a axenda moi ocupada.
Temos  o Acto Homenaxe a Rosalía de Castro, coma todos os anos. Ademáis,os máis pequenos gozarán dunha actividade de Animación á Lectura. Contacontos de Alex ao acordeón e Patricia, da Editorial Kalandraka.

Xa iniciada a Campaña Quérote moito! pola Biblioteca do Centro, Infantil e 1º curso de EP terán Contacontos que lle presentarán Libros para soñar. A Editorial pontevedresa Kalandraka anima á lectura e fai fincapé na importancia que teñen os ilustradores nos contos e nos Álbumes Ilustrados.

Recital de Poesía de Rosalía. Acto Homenaxe. Na segunda hora lectiva, e aproveitando a Hora de ler, temos previsto un Acto Homenaxe a Rosalía de Castro. Recital de poemas e reflexión da obra da Nosa Rosalía, por ser esta data do seu nacemento. Cantares Galegos e Follas Novas, dous poemarios en Galego que tratamos que sexan ilustrados polo noso alumnado e recitados, despois de ser traballados.

Os por menores desta actividade quedan recollidos no Blog Con N de NOSA. Visítao e enterate máis. Aquí tes un enlace directo:

http://con-n-de-nosa.blogspot.com.es/

19.2.14

QUÉROTE MOITO! DE CORAZÓN

Nestas datas arredor do San Valentín, os escaparates e publicidades enchéronse de corazóns vermellos. Celebracións do amor e dos sentimentos. Emocións! Sentir e aprender.

Dende a Biblioteca do noso colexio, e partindo da  temática dos sentimentos, iniciamos a campaña que leva por título "Quérote moito" e intenta, a través da proposta de  lecturas e de  actividades, axudar e a aprender do propio sentir. Non é doado poñerlle palabras ás emocións, posto que ás veces non nos paramos a pensar sobre o que sentimos e... entón poñemos corazas se habíamos de poñer corazóns.




Comezamos por propoñer algunhas lecturas que tratan sobre as emocións e os sentimentos. Para ler, sentir e aprender.




Consultamos o Calendario de eventos próximos:

Día 24: Contacontos de Kalandraka. Animación á lectura: Mamá, Imos cazar un oso, No bosque, Boas noites,Bufo, como presentación dos Libros para soñar.
O Día 24 de febreiro, tamén é o Día de Rosalía .
A poesía pode ser unha extraordinaria maneira de expresar sentimentos.

Marzo. Adicado á muller.
21 de marzo, Día da poesía.

Abril. Libros e contos, para seguir sentindo e aprendendo.

Maio: Semana das Letras Galegas , adicadas este ano ao poeta Díaz Castro.
Mes das flores e Día das nais.
Pois... comezamos a traballar, co que sentimos, cos sentimentos, a Muller, a Poesía e os Contos para identificarse, expresar e compartir sentimentos.

Se poño ganas, se poño corazón...

LEO, SINTO E APRENDO.

5.2.14

trailer do día da paz from Marcial Miramontes Lopez on Vimeo.

Este video rexistra a actuación final da Celebración pola paz no CEIP Plurilíngüe Santa Rita de Galdo.
Unha coreografía colectiva da que participamos e disfrutamos todas as persoas do centro. Toda a Marea de xente, reforzando o concepto de colectivo, de Comunidad. Danzando ao mesmo compás. Cada unha das partes que formaban o todo tiña a súa función, a súa participación, a súa aportación.

E que bonito queda cando nos vemos remando ao mesmo compás, facendo algo xuntos entre todos e para todos! Disfrutade do video!
 O resumo de todas e cada unha das actuacións da Celebración da Paz recóllense nas entradas anteriores.
Negros e brancos David Mckee from Marcial Miramontes Lopez on Vimeo.
Este vídeo é a montaxe feita do conto Negros e Brancos de  David Mckee. Xusto o conto que traballaron os Infantiles pola paz.
As imaxes son as propias do conto, escaneadas e secuenciadas. As voces son as propias dos nenos e nenas de infantil. Disfrutade do conto e moi atentos a escoitar...as voces de Infantil do Santa Rita!

O 30 DE XANEIRO. MAREA DE PAZ

Chegou o momento esperado. A tarde do 30 de Xaneiro fomos acomodándonos no Ximnasio para facer oficial o Acto pola Paz, que levamos preparando todo este tempo.
Alí estábamos todos, diferentes pero facendo por coincidir iguales nas cores.
Azul mar e Branca Paz.
Sorrintes gotiñas, diferentes pero iguais.


Falta a gotiña Saúl, posto que a celebración cadrou en xoves e os xoves Saúl está no outro cole.
 O día anterior, Saúl, axudounos e disfrutou moito no ensaio xeral da coreografía final.

Comezamos a tarde de Paz!

María Pernas ocupouse da Presentación, guión das diversas actuacións e tamén do equipamento técnico.
Improvisamos un escenario con parede de fondo onde poder  proxectar imaxes alusivas.

A primeira actuación que disfrutamos consistía nunha canción en Lingua Extranxeira e con acompañamento de Linguaxe de Señas Americano. Tratábase dunha canción moi especial que se cantaba para celebrar a Paz en América cando Katie era unha nena. Adicada a Martin Lutter King.

O alumnado de 4º curso aprendeuna  enseguidiña coa axuda da propia Katie.












SING ABOUT MARTIN

Sing about Martin  (sing about Martin )
Sing about caring  (sing about caring )
Sing about peace  (sing about peace )
All around the world  (all around the world ).

Sing about Martin  (sing about Martin )
Sing about loving (sing about loving )
Sing about peace ( sing about peace )
All around the world  (all around the world ).







 Público atento! Que estará pasando na pantalla grande? Pois... os máis pequenos son desta volta os protagonistas. Prestaron a súa voz para, entre todos, contar o conto dos elefantes Negros e Brancos.

Coordináronse os diversos audios coa secuencia de imaxes escaneadas do conto que eles e elas traballaron nas clases.
O resultado... un fermoso conto coas nosas voces máis infantiles.
 Silenzo absoluto na sala para escoitar!


 Loita de elefantes.
Momento do PUM, PUM ,PUM
RACATATÁ TA!
Matáronse os elefantes negros e brancos. Non quedaron elefantes.
Só alguúns pacíficos elefantes negros e brancos que se esconderon na selva para vivir tranquilos.

 Os netos dos elefantes que amaban a paz eran de cor ...gris!



Agora que eran da mesma cor, poderían estar tranquilos ou...
buscar outra diferenza que os separe e os enfronte nunha loita!
O tamaño das orellas ou calquera outra cousa...

"Os elefantes amaban a todos os animais, máis entre eles odiábanse". ( é unha das frases gravadas).

Que haxa paz ou...PEACE. En Galego, en Español, ¿en Inglés ou en Italiano? Lemos palabras ou lemos significados?
Referímonos á alegre canción de Pietro Diambrini, elexida por Lisa para a ocasión e interpretada polo alumnado de 5º curso. En Italiano,claro!


"Pace", é unha palabra que nos gusta!



Baila a Paz con nós, non te arrepentirás!

A numerosa boa tropa de 3º curso.
Mensaxes de paz para lembrar e reflexións sobre a frase sobre a que estiveron traballando: "Somos diferentes pero iguais". Mensaxes na voz de nenos e nenas que anhelan mellorar na convivencia cada día.





A tan esperada PAZ, PAZ, PAZ, de Juanes interpretada polo alumnado de 4º curso en Bimodal:
 Linguaxe de Señas acompañando a Linguaxe Oral.


Juan guíase dos seus compañeiros para seguir mellor  o ritmo da canción!


"Son os nenos e nenas, o futuro,  que cantan pola paz e pola esperanza!"

Outro conto, pero non de elefantes ainda que fale de orellas grandes.
 Orellas de Bolboreta. Alumnado de 6º curso dirixidos pola súa mestra de galego Ana Lorigados, agasalláronnos cunha formidable adaptación do conto para ser representado.
Extraordinaria actuación de Sara Berdeal como protagonista principal.


E si ten  orellas de bolboreta, a ela tanto lle ten!


E que ben  explicou Iraya porque quixeron representar ese conto! Manifesto de Paz polo alumnado de sexto.

Os maiores dando exemplo. O 3º ciclo cantan xuntos unha preciosa canción íntegramente vocal dedicada a Nelson Mandela.  Freedom. A mensaxe é clara: Liberdade!




Rolihlahla Mandela
freedom is in your hand,
show us the way to the freedom
is this land of Africa!

Mandela says fight for freedom
Mandela says "Freedom Now!"
And we say a way with aparrtheid,
in this land of Africa !



Que ben soa entonado polos rapaces e rapazas dirixidos por Marcial! Que boas voces que teñen!
A canción,  moi ben escollida para a ocasión! Mandela e África no corazón!


Despois de escoitar estas voces anxelicais, xa estábamos moi preto e moi á beira da  "marea" que estaba por vir.
Tocaba aparcar a máquina de inmortalizar momentos para xuntarse gota a gota nun movido mar e remar ao mesmo compás. Todo o personal xunto para orquestar a 1º persoa do  plural :
" Somos unha marea e  unha morea de xente, iguais e diferentes danzando ao mesmo compás para...
mover o mundo que fica durante un intre sobre as nosas mans!"


A serea Rebeca foi a que moveu a todo "o mundo" azul e branco cos "Mensajes de Agua" de Macaco.

O resultado e colofón final queda resumido nun  magnífico video montado polo mestre Marcial e que ninguén pode pasar sen velo.

ENLACE DIRECTO A "Mensaxes de Auga e Paz do CEIP Santa Rita"