6.1.18

SORPRESAAAAA.........

Este é o video onde se reflexa toda a ILUSIÓN vivida polos nenos e nenas que ralizaron o video coa canción de #SOFÍA ESPIÑEIRA,"NON TEÑO MEDO".

SOFÍA,se estás vendo isto...xa sabes...VENNOS VISITAR E ASÍ CANTAMOS TODOS/AS XUNTOS A TÚA CANCIÓN!!!!




"SOFÍA VEN UN DÍA"...... HAHAHAHAHAHAAAA


26.12.17

FESTIVAL DE NADAL

Por fin os temos listos!
Si, xa temos listos todos os vídeos das actuacións que fixemos para o Festival de Nadal 2017.
Aquí vos deixamos os diferentes vídeos, un de cada grupo, para que vos sexa máis doado vernos.
Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós facéndoo!!!!
BO NADAL!!!!!


E AQUÍ ESTÁN OS CALCETÍNS DO APALPADOR!! VAIA ILUSIÓN LLES FIXO ENCONTRAR OS SEUS AGASALLOS :)




EDUCACIÓN INFANTIL



1º PRIMARIA



2º PRIMARIA



4º PRIMARIA



5º PRIMARIA



3º e 6º PRIMARIA

22.12.17

VIDEO DO CEIP PLURILINGÜE SANTA RITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ola rapaces e rapazas :)


XA ESTÁ AQUÍ,O QUE TANTO ANSIABAMOS....

Como cada 25 de novembro, celébrase o día internacional contra a violencia de xénero, por desgraza cada vez vemos máis noticias nos medios de comunicación e cremos que dende a escola debemos formar aos nenos e nenas en valores coeducativos, para crear unha sociedade mellor,por iso,entre familias e mestres, debemos eliminar certos machismos diarios.

A semana previa ao 25 de Novembro estivemos escoitando uns contacontos moi animados, feitos por distintas nais,pais e familias; sei que lle contastes a Galdiño que vos gustaron moito e que queredes que os pais e nais sigan colaborando con nós. Tamén fixemos un mural en cor violeta,poñendo a nosa man con diferentes mensaxes dentro,apoiando ao concello coa súa campaña VIVEIRO EN NEGRO...pero ainda non rematou  a nosa labor...

Levamos traballando todo o mes unha canción dunha #ARTISTA GALEGA: SOFÍA ESPIÑEIRA,alguén lle regalou o disco a Galdiño..(concretamente unha mestra que estivo neste cole..) titulado  "ALÁ  ONDE AGROMAN AS HERBAS"Despois de escoitalo, encantounos, pero sobre todo había unha canción que nos facía pensar ideas positivas e negativas, a canción nº 3 "NON TEÑO MEDO"; tod@s xuntos decidimos recoller isto para que toda a comunidade educativa puidera ver o traballo tan bonito que estabamos a facer.... así foi como  entre alumnado, profesorado,cociñeiras,o conxerse Antonio,o pai de Félix (axudando desinteresadamente,jajajaj) realizamos un VIDEO.

GRAZAS A #SABELA BLANCO RODRÍGUEZ,por axudarnos a plasmar todas as nosas ideas,por ter tanta paciencia cos nenos e nenas e cos mestres!!! jajajaja.Foi un pracer traballar contigo :)

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.


20.12.17

VISITA DO APALPADOR!!!


Este mércores tivemos unha visita moi especial no cole, o Apalpador!
Si, ese personaxe de barba alaranxada e con bo bandullo, rudo e grande, pero cheo de bondade, que nos lembra que é tempo de Nadal.
A ANPA do cole contoulle que fumos moi bos este ano e por iso, tróuxonos unha camiseta moi chula!  


La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie y exterior                                  La imagen puede contener: 4 personas, personas sentadas, niño(a), barba e interior